Sunday 19 October 2014

Primeira etapa

Xa pasou unha semana dende a apertura deste blog. Unha semana na que estiven a buscar opcións de rutas, de aloxamento... Unha semana na que dinme conta do moito que tenho por facer nestes 14 meses.

Tras googlear, ler foros, blogs, e navegar por tantas páxinas na rede que casi afogo, Creo que tenho os primeiros 5 meses da viaxe máis ou menos trazados.

Arrancarei dende Londres a Moscú en avión, mirando datas e con antelación sae sobre uns 60€. A páxina que máís doada me resultou para buscar voos baratos foi Jet Cost

En Moscú estiven buscando opcións para facer woofing, que para os que non o saibades, o WWOOF (Willing Workers on Organic Farms, traballadores voluntarios en granxas ecolóxicas) é un sistema moi extendido entre os mochileiros e que supón unha boa alternativa de viaxar de forma económica, ecolóxica e de conhecer xente local. Colaboras nas tarefas da granxa a cambio de aloxamento e manutención. 

E se ben Rusia non forma parte dos países que tradicionalmente pertencen a rede wwoof internacional, pódense atopar granxas que ofertan este servicio de maneira independiente en multitude de páxinas de internet e sobre todo a través de WWOOF independents

O custe de darte de alta como usuario nas páxinas de wwoofing vai dende os 15 ata os 40€ anuais, de forma que tes tempo para buscar unha granxa que se adapte as túas necesidades con antelación, programar a túa estancia e as conexións coas seguintes, dunha maneira cómoda e doada.


Dende Moscú unha boa opción sería coller o Transiberiano ata Pekín. Este tren ten catro linhas, se ben a que máis atractiva se me fai é a do Transmanchuriano que vai dende Rusia ata Pekín pasando por Mongolia.


O custe é dificil de saber, xa que non podes comprar de maneira fiable o billete ata estar en Rusia, pero polo visto en foros e blogs, o custe do Transmanchuriano en segunda clase, unha duración duns 7 días no tren, ten un custe aproximado duns 200€.

En Pekín tamén hai opcións de wwoofing,  se ben en toda China recomendan deixar moi ben atado a que granxa vas e sobre todo ter referencias, xa que moitos bloggers contan experiencias desagradables en China por ir sen moita información.

Dende Pekín ata o Tibet en tren, cun traxecto de 3 días e un custe de 180€ tamén é unha boa opción a ter en conta. No Tibet hai opcións de aloxamento dende 3,5€ diarios, así que pode ser un bo momento para relaxarse, disfrutar das paisaxes e tomar aire para seguir o caminho. 

Como segundo estean as cousas no Tibet, tes mais doado ou mais complicado o tema do visado, é mellor ir con paciencia. Como quero visitar Nepal, o doado é facer Tíbet-Nepal e non o contrario, xa que normalmente ponhen máis problema de entrada no Tibet e non ao revés.

Para chegar a Nepal, xa que Nepal non ten tren, o mellor é esperar a estar alí, e buscar opción con outros mochileiros para cruzar en coche ou se non se atopa, cruzar coas visitas guiadas e de viaxes programados que se poden comprar no lugar e facer ese Lhasa-Kathmandú. O custe por aloxamento en Kathmandú é máis ou menos o mesmo que no Tíbet, se ben é certo que tamén existen opcións de wwoofing e voluntariado.

A seguinte etapa sería Kathmandú-Delhi, consultando con tempo na páxina que os dixen ao principio do post o custe ronda os 100€. Gustaríame parar con tempo en India, e visitar Delhi, baixar a Bombay (30€ en tren) e dende alí a Goa (25€ en tren). Facer algún curso de Ioga, meditación, e conhecerme mellor a mín mesma.

En India a mellor opción é buscar o voluntariado, nisto tenho que ponherme con tempo, xa que hai infinidade de páxinas e de alternativas, así que empezarei uns meses antes a escribir emails as organizacións que máis me convenzan.

Por agora sei que chego a Goa. E ahí pareime por agora na minha búsqueda de información. Seguinte paso... Bangkok? Pode...


No comments:

Post a Comment